Saltar ao contido

A Lanzada 1960: Mirindas e bocadillos de bistec

by o 9 Setembro 2010

José Soutullo veu hoxe pola escavación. É o rapaz que está á esquerda na primeira fotografía e o que comparte protagonismo cos sabios Xosé Filgueira Valverde, Luis Monteagudo e Alfredo García Alén, entre outros (José é o adolescente da gorra):

Eu traballei aquí con quince anos, con Don Alfredo García Alén. Cobrabamos cincuenta pesetas ao día de xornal, aquilo érache un dineral daquelas, que de albañil cobrabas quince pesetas. E a maiores dábannos bocadillos de bistec e unhas Mirindas que era o que se bebía por aquel entón. Acórdome ben. Era o verán do ano 60. Topamos varios mortos e incluso dous aneis de ouro que segundo me din non están no Museo de Pontevedra, igual o apañou alguén de camiño, quen sabe. Aquí hai moita historia, moita cousa aí debaixo. Se por min fora estaría toda a vida traballando aquí. Despois casei e marchei coa muller a Suiza… Eu estou nesas fotos, sempre ía coa gorra esa e cos pantalóns refucidos por riba dos nocellos.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: