Saltar ao contido

Os príncipes do toque

by o 8 Setembro 2010

Onte choveu a cachón. A Brigada nº 6 tivo que saír por patas d’A Lanzada para seguir traballando n’A Telleira en Vilalonga, un edificio tremendo que empregamos como almacén provisional, espazo para reunións de traballo e tratamento dos restos asoellados na escavación. Os membros da Brigada nº 6 son auténticos príncipes do toque, tanto escañando n’A Lanzada como xestionando os materiais arqueolóxicos. No outono este tipo de actividades centrarán grande parte do traballo. Xa sabedes que o traballo dunha escavación non remata no xacemento, senón que comeza realmente despois, con analíticas, sistematización da información, elaboración de memorias, traballo de laboratorio, divulgación dos resultados, restauración e rahabilitación das estruturas, presentación ao público da área arqueolóxica, etc…

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: