Noite n’O Colmado
O Colmado é unha casa de comidas familiar de Noalla, a rentes da praia d’A Lanzada. Paseniñamente estáse a converter nun referente para este proxecto, e non só polo tema culinario e o excelente licor café que teñen. Este local, aparte de recibir numerosos turistas, segue sendo un punto de encontro da comunidade noallesa. As nosas compañeiras Virginia e Martina deron unha charla improvisada na sobremesa, ensinando as fotos antigas e non tan antigas das escavacións d’A Lanzada. E a xente comezou a falar. Momentos coma estes colman os obxectivos do noso proxecto. Gracias Toni, familia e achegados!
Os comentarios están pechados.