Saltar ao contido

Romaría arqueolóxica

by o 4 Setembro 2010

A escavación arqueolóxica d’A Lanzada quedou á marxe da festa. O 99 % da xente que pasou pola Romaría nin sequera lle prestou atención. Ducias e ducias de autobuses, tenderetes e pendellos improvisados configuraron un rueiro que canalizaba a circulación e o acontecer da festa. Traemos aquí dúas fotos que lle poden sacar as cores a máis dun arqueólogo. Nelas vemos un xantar seminómade habilitado por unha familia de romeiros aproveitando a sombra e a estrutura paraventos da caseta que nos serve de recepción de visitantes e área informativa. Un xeito alternativo, lexítimo e prático de descubrir A Lanzada, malia que nos parece que xa estaba descoberta por esta xente dende hai moito tempo.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: