Saltar ao contido

A Lanzada globalizada

by o 4 Setembro 2010

Vemos nesta fotografía un dos postos de venda de artesanía instalados durante os tres días que durou a romaría d’A Lanzada, ao carón da escavación arqueolóxica.  Este tenderete está rexentado, en concreto, por senegaleses que visten ao xeito ianqui, con sombreiros texanos e camisetas de basket NBA. Temos visto este tipo de indumentaria entre a mocedade nuer e añuak na fronteira entre Sudán e Etiopía, polo que debe ser un clásico na África subsahariana. O metro cadrado cotízase moito neses tres días, polo que a presión demográfica é notable. Apenas hai espazo para o negocio nin privacidade de ningún tipo. Para solventar esta cuestión, os donos do tenderete habilitaron unha estrutura medianeira co posto boliviano emprazado á súa esquerda. E para iso botaron man dunha das valas metálicas que suxeitan as lonas coas fotografías das escavacións antigas d’A Lanzada nos anos 50-70. Isto si que é poñer en valor o Patrimonio. Descubre A Lanzada.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: