Saltar ao contido

A Lanzada n’A Haia

by o 2 Setembro 2010

O equipo arqueolóxico da Lanzada traballa en tempo real. Mentres uns fan visitas guiadas a grupos da Cruz Vermella, outros seguen descubrindo cousas interesantes na escavación e outros marchamos ao 16 Meeting da Asociación Europea de Arqueólogos na capital de Holanda (Den Haag). Neste foro vimos de presentar hai un par de horas unha comunicación sobre o modelo de Community Archaeology que temos seguido en Neixón e aplicamos agora de xeito mellorado na campaña 2010 d’A Lanzada. A sesión na que participamos titúlase European Communities: Models for Participation in Aarchaeology in Europe e estivo coordenada por Phil Richardson (Archaeology Scotland) e Suzie Thomas (Council for British Archaeology). Velaquí vai o powerpoint da presentación.

A Lanzada na Haia

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: