Saltar ao contido

A Favorita

by o 1 Setembro 2010

Despois de estar os tres días de Romaría non queda atisbo de dúbida sobre o éxito rotundo da devoción á Nosa Señora das Areas ou Nosa Señora d’A Lanzada. Ducias de autobuses procedentes de toda Galicia e de Portugal. Mareas de xentes facendo cola, procurando a benzón da santa, participando da poxa, ofrecendo ex-votos de cera.  Mentres, os turistas van á praia na zona cero do turismo estival galego, alleos a este fenómeno cultural e relixioso xestionado pola comunidade local, e mediatizado pola Igrexa. Alleos tamén, turistas e devotos, á faciana arqueolóxica deste espazo.


Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: