O Café Moderno
O Café Moderno de Pontevedra foi un dos escenarios do renacer artístico e cultural da cidade de Pontevedra no tempo de preguerra. Por alí pasou xente esgrevia do galeguismo cultural e político. Tras un período de decadencia, este café modernista galaico foi recuperado por Caixa Galicia como espazo cultural. Neste marco privilexiado desenvolveremos cada venres un novo ciclo de conferencias lanzadeiras, desta volta na cidade de Pontevedra. Velaquí vai a primeira.
Os comentarios están pechados.