Vieira lanzadeira
Xosé Manoel Sánchez segue atopando pequenas xoias no Arquivo da Catedral de Santiago. Velaquí tedes unha reseña no diario YA do ano 1965 sobre unha exposición en Compostela que contou con vieiras atopadas nas escavacións d’A Lanzada daquela. A vieira peregrina foi o símbolo adoptado como logo pola empresa que explotou as minas Boliche de Aios, como nos contou don Cipriano, de quen falaremos outro día. Esta empresa galega gañoulle un litixio á multinacional Shell por este logo tan malacolóxico. Toda unha hsitoria propia de Álvaro Cunqueiro, que de mariscos tamén sabía un rato.
Fonte: Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago.
Os comentarios están pechados.