Skip to content

Lanzadancing

by o 30 Agosto 2010

Os danzantes d’A Lanzada sempre miran para a Virxe, nunca lle dan as costas, poden bailar de costas á costa, á terra, pero nunca á Nosa Señora das Areas. Existen danzas deste estilo noutras zonas de Galicia e do Bierzo. Nós coñecemos aos danzantes de Cervela nas terras luguesas d’O Incio. Colores rechamantes, cintas, bailes que remiten a Santa Eulalia de Bóveda, a festividades do Mediterráneo oriental segundo pensan algúns antropólogos. O interesante da procesión é que é un recurso nmotécnico, un baile da memoria. A Virxe é levada até o Campo da Lanzada, o vello camposanto tardorromano, o antigo poboado que estamos escavando. Un cruceiro cristianiza o espazo dos rabudos e os mouros. Algo semellante ocorre en moitos sitios de Galicia, como en Piño (Pobra de Brollón, lugo) onde a santa é levada en procesión até o castro onde están os restos da aldea e a igrexa medieval. Isto é o que os vellos galeguistas chamaban o sustratum, o continuum. Os danzantes d’A Lanzada saben de onde veñen e a onde van. Para iso serve a Historia segundo Cicerón.

Advertisements

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: