Saltar ao contido

Solpor n’A Lanzada

by o 27 Agosto 2010

O noso proxecto d’A Lanzada non sería nada sen a xente que colabora de xeito entusiasta con nós. Unha destas persoas é o estudante de Arqueoloxía da Universidade Autónoma de Madrid,  Yago Terroba Souto, quen está a finalizar un traballo de investigación sobre a faceta arqueolóxica do polifacético xuíz galeguista Fermín Bouza Brey, membro do Seminario de Estudos Galegos antes da guerra e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento despois. Yago pasounos esta fermosa cita literaria de Bouza Brey referida ao solpor d’A Lanzada:

A Vilagarcía hai que ir a ver a apoteose dos solpores na hora suprema da comunión da noite co dia senón non […] Porque o sol en loita cas brétemas do mar arousán é o que concede a graza á paisaxe mariñeira; ise sol tépedo, de ouro vello que se pousa cada tarde miragrentamente na ermida da Lanzada xogando como un neno…

(en Rodríguez López 1993: 38).

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: