A metamorfose
Comezou o espectáculo. Dende comezos da presente semana estamos sendo testemuñas da transformación efémera e conxuntural da Lanzada nunha paisaxe festeira: chegada de mareas de xente, erguemento de arquitecturas perecedoiras, asentamento de xentes seminómades… por fin podemos ver en vivo e en directo aquela realidade que unicamente se intuía a través dos obxectos e restos atopados por nós no verquedoiro que cubría parte dos restos arqueolóxicos do Campo d’A Lanzada. En relación con isto aconsellamos a leitura dun artigo xa clásico da Arqueoloxía española: Arqueología para después de una feria de M. Molinos et al. publicado en 1996 na revista Arqueología espacial de Teruel, volume 15: 149-84. No noso caso facemos Arqueoloxía para antes, durante e despois dunha festa.
Os comentarios están pechados.