Cabana fosilizada
Un dos meirandes retos da escavación d’A Lanzada é documentar ben e reescavar as áreas que foran xa intervidas con anterioridade. Este traballo levou grande parte do noso tempo nos meses de xuño e xullo. Neste tempo puidemos documentar os cambios acontecidos na evolución do espazo doméstico dende a época castrexa até o período medieval. Aquí tedes un bo exemplo. Unha cabana habitada nos séculos III-I a. C. da que resta unicamente un pequeno tramo de muro de cachotería. Non obstante, puidemos reconstruír a pranta da casa porque se conserva intacto o nivel de ocupación, co seu pavimento, as súas camadas de cinza, a área de moenda, a zona da cociña, os buratos de poste, etc… Esta vivenda foi abandonada pouco antes da conquista romana debido a un incendio. Despois desta destrución formouse por riba unha duna móbil que foi a que se atoparon os novos habitantes xa en época romana..
Os comentarios están pechados.