Xente menuda
Esta semana temos contado con grandes colaboradores na escavación do Castro d’ Lanzada. Uns 20 nenos e nenas teñen pasado por aquí para ter a súa primeira experiencia arqueolóxica. Estes pícaros obrígannos a matinar coas súas preguntas intelixentes. Non se andan con andrómenas e van ao cerne das cuestións. Como nos dixo un: a min abúrreme a ciencia. O mesmo lle contestamos nós. Ao final da xornada cambiaramos de opinión, el e nós. Pola súa vez, o neno da camisola de Galicia, cultura celta debeu marchar coa cabeza coma un bombo, sen saber moi ben se darlle a razón aos celtistas, aos anticeltistas ou aos paraceltistas.
Os comentarios están pechados.