Conexi-Ons
A nosa compañeira Paula Ballesteros Arias do Laboratorio de Patrimonio do CSIC brindounos unha interesantísima conferencia sobre a realidade da illa de Ons como paisaxe cultural. Partindo do seu exhaustivo traballo de campo, Paula fixo un repaso da historia de Ons a través dos restos arqueolóxicos que se conservan, moitos deles descoñecidos até o momento. A través dun impresionante traballo de campo, puidemos ver as transformacións da paisaxe nos últimos cincuenta anos e a reconversión dun mundo rural e mariñeiro tradicional cara ao turismo e o desenvolvemento sostible. Doutra volta, fíxose fincapé nas relacións simbólicas entre Noalla e Ons, materializadas en lendas e o recordo da repoboación da illa por familias noallesas no século XIX.
Os comentarios están pechados.