Saltar ao contido

Andarela pola Lanzada

by o 13 Agosto 2010

A Asociación Cultural Andarela visitou as escavacións do Campo d’A Lanzada este pasado mércores pola tarde. Grazas ao entusiasmo de Diana puidemos ofrecer unha actividade que reforza a implicación do proxecto coa comunidade local. Nestas visitas aprendemos moito máis nós da xente que nos visita que eles de nós, á fin e ao cabo eles son de aquí e nós non, e como ninguén viaxou ao pasado (que se saiba) podemos viaxar todos xuntos ao enclave comercial d’A Lanzada de hai centos de anos e compatir intuicións, hipóteses, percepcións e experiencias. Podedes ver fotos da visita aquí

http://andarela.blogaliza.org/

From → Uncategorized

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: