Saltar ao contido

En bandexa

by o 12 Agosto 2010

A nosa restauradora Yolanda Porto está a facer un extraordinario traballo cos materiais arqueolóxicos que imos exhumando na escavación do Campo d’A Lanzada. O seu bo facer permite que dispoñamos dunha selección de pezas especiais (xa limpas e clasificadas) en campo para amosarmos ao público visitante. Doutra volta, a imaxe dos materiais ordeados e estendidos no Laboratorio de cultura material resulta espectacular. Paseniñamente irémosvos presentando aquí os obxectos máis senlleiros atopados no xacemento d’A Lanzada.

From → Obxectos

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: