Saltar ao contido

No cumio

by o 11 Agosto 2010

Xurxo García Caamaño enviounos esta fotografía dos anos 60 da torre da Lanzada. Un magnífico exemplo do proceso de patrimonialización do castillo por parte da comunidade local. A  entrada da Modernidade en Galicia nesa época conlevou novas actitudes e escenografías que se poden ver nos primeiros álbumes de fotos das novas vodas de finais dos 60 e comezos dos 70. Coches haigas da emigración, monumentos abandonados, como castelos, mosteiros e ermidas, terrazas e restaurantes Mariycielo… materializaban novos costumes que tentaban emular os usos das clases urbanitas do tardofranquismo. As vodas paisanas na casa petrucia pasaban á historia. Nese contexto a torre da Lanzada comezaba a emerxer como icono identitario, como referente comunal, de aí que apareza en numerosos logos de asociacións locais. Doutra volta o proteccionismo da Administración desenvolveu outro proceso que faría impensable unha escena hoxendía como a retratada nesta histórica fotografía. O home foi substituído pola gaivota no cumio da torre.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: