Verde que te quiero verde
Entre a terra, a area e os pequenos anacos de cunchas ás veces sobrancea unha pingariña de cor verde. Ás máis das veces son intrusións de plástico contemporáneo ou pedriñas de xisto de cor verdosa. Sen embargo, de cando en vez, esas pingas verdes son o anuncio dun obxecto de bronce soterrado hai miles de anos, dous mil alomenos. Ese intre de inmenso placer fetichista, o momento no que descobres o metal é difícil de explicar. Hai que ser arqueólogo ou aprendiz de arqueólogo para experimentalo. Definitivamente, a terra ten memoria.
Os comentarios están pechados.