Ostras!
No concheiro da 2ª Idade do Ferro (séculos IV-II a. C.) que estamos a documentar no Campo da Lanzada aparecen exemplares de ostra dun tamaño impensable hoxendía. A sobreexplotación do medio por parte do ser humano levou a unha diminución das dimensións dos moluscos. Probablemente os habitantes castrexos d’A Lanzada xa organizaran unha sorte de Festa da Ostra da época. Isto é o que se chama denominación de orixe. Pasádevos por Noalla esta fin de semana para desfrutar dunhas tapas con solera.
Os comentarios están pechados.