Saltar ao contido

O emporio d’A Lanzada

by o 6 Agosto 2010

Alfredo González Ruibal ofreceu unha charla maxistral onte na casa das Canteiras sobre A Lanzada como enclave comercial na Protohistoria e na Antigüidade. Para grande parte do público os anacos que asoellamos nas escavacións arqueolóxicas comezaron a cobrar sentido grazas ao esforzo de divulgación do ponente. Resulta abraiante como os restos duns púcaros serven para reconstruír toda unha rede comercial, os cambios nos ciclos de comercio, as conxunturas políticas, etc… Aquí tedes o PDF do seu suxerente powerpoint.

A Lanzada. Quince seculos de comercio internacional

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: