Saltar ao contido

Sexta charla lanzadeira

by o 4 Agosto 2010

O científico titular do CSIC Alfredo González Ruibal é un dos verdadeiros redescubridores do xacemento d’A Lanzada. Co gallo da realización da súa Tese de Doutoramento sobre a Idade do Ferro do NW levou a cabo unha revisión dos materiais depositados no Museo de Pontevedra procedentes das escavacións antigas n’A Lanzada. A partir de aquí desenvolveu unha liña de investigación innovadora que lle permitiu reconstruír os ciclos de comercio entre o Atlántico e o Mediterráneo no primeiro milenio a. C. De todo isto falaranos na charla lanzadeira deste xoves ás 20:30 na Casa das Canteiras de Noalla.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: