Patrimonio sen barreiras
Como sabedes, a escavación arqueolóxica d’A Lanzada insírese no proxecto Pousadas promovido pola Excma. Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa, entre outras moitas cousas, procura a accesibilidade plena dos recursos patrimoniais. A colaboración entre Deputación, CSIC e COGAMI permitiu que o xoves pasado tivese lugar a primeira visita para grupos con problemas de mobilidade ao xacemento. Unha experiencia xenial na que aprendimos moitas cousas e que nos permite ver o Patrimonio arqueolóxico doutro xeito ben diferente. Isto foi posible grazas á entrega dos nosos compañeiros da Brigada nº 6 que ocuparon uns cantos días traballando na construción da pasarela de madeira que permite o acceso á escavación en cadeira de rodas.
Os comentarios están pechados.