Escola de Arqueoloxía
Xa van uns cantos nenos e nenas que teñen aprendido o que é unha escavación arqueolóxica no campo d’A Lanzada. Onte pola mañá escavou connosco Israel Vidal, un rapaz leonés entusiasta que atopou ósos e anacos de ánfora na área escavada por Nico e Cristina. Aquí o tedes fachendoso cunha ása de ánfora bética Haltern 70 na man.
Os comentarios están pechados.