Valentino Rossi
Unha foxa detrítica vencellada ao asentamento baixorromano d’A Lanzada está a fornecer unha grande cantidade de materiais cerámicos de importación que chegan incluso até o s. VI d. C. Aquí rexistramos fragmentos de pratos de terra sigillata procedentes de obradoiros de A Rioxa como Tritium Magalum coas típicas decoracións. Onte, xusto ao remate da xornada, demos cun anaco que conserva dúas siglas inscritas: V R. Curiosamente, nas nosas escavacións no castro de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra) rexistramos un copo cun epígrafe coas mesmas letras. Quen sería V R, o protagonista dunha serie tipo Dallas pero á romana? Ao chegarmos ao hotel de Noalla onde nos aloxamos demos coa resposta: o púcaro debeu ser de Valentino Rossi cando parou en boxes na Lanzada no seu fugaz paso coa súa cuadriga pola per loca maritima.
Os comentarios están pechados.