Saltar ao contido

A Lanzada no marco das Rías Baixas: Patrimonio Natural-Patrimonio Cultural

by o 19 Xullo 2010

A charla do pasado xoves a cargo dos nosos compañeiros Manuela Costa e Elías López voltou contar cun público interesado e moi participativo. No coloquio xurdiu un tema polémico que reflicte moi ben a cosmovisión galega. Seica en 1960 houbo un litixio entre Sanxenxo e O Grove pola propiedade da lingua de area que une a península con terra. No século XVII O Grove aínda era unha illa como se ve na cartografía histórica. Os mecos d’O Grove gañaron o xuízo. Tras contar a historia, un dos eruditos asistentes á charla (de Sanxenxo) preguntoulle moi serio á xeomorfóloga Manuela se era posible coñecer por onde se formou o istmo, se pola parte do Sanxenxo ou pola parte d’O Grove, porque claro, se se formou pola parte de Noalla sería un argumento científico máis para reclamar ese anaco de terra. A retranca que non falte. En breve subiremos o vídeo da charla. Polo de agora podedes baixarvos o powerpoint aquí en formato PDF.

A Lanzada no contexto das Rías Baixas

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: