Ghosthunters
Os arqueólogos sulfatamos o pasado. Os cambios cromáticos, as variacións de textura no solo axúdannos a identificar estruturas arqueolóxicas. O xacemento non é o mesmo á primeira horá da mañanciña, coa calima adentrándose nos estratos. Esa luz é marabillosa para o noso traballo en tódolos sentidos. A medida que sobe o sol faise máis complicado enxergar as diferenzas no chao. Por iso botamos mao das sulfatadoras a xeitos de ghosthunters.
A este respexto, A Lanzada ten un espesor histórico notable, con superposicións de estruturas e reutilizacións de materiais. A arquitectura baixoimperial e altomedieval adoita amortizar restos precedentes. Un bo exemplo é este muro de cachotería que emprega un muíño xiratorio e un vello petróglifo con cazoletas. Cazapantasmas do tempo.
Os comentarios están pechados.