Saltar ao contido

A Lanzada reinterpretada

by o 10 Xullo 2010

Maxistral foi a charla lanzadeira impartida por Buenaventura Aparicio Casado o xoves na casa das Canteiras.  En breve poderedes desfrutar desta conferencia en vídeo no presente blog. Polo momento deixamos aquí en formato PDF a súa presentación de powerpoint.  Como sempre, o coloquio posterior á ponencia foi unha xoia: os veciños comezan a falar da Santa Compaña, de achados numismáticos nas praias, de vellas historias traxicómicas no camposanto de Noalla, dos traballos recentes de consolidación no castillo da Lanzada, do baño das nove ondas… O local comeza a encherse grazas aos comuneiros de Noalla que alugaron un coche con megafonía para anunciar a charla por toda a contorna. Para a charla do xoves que vén xa contamos cun novo aliado: o pescadeiro, quen amablemente se prestou a repartir pósteres durante o reparto pola parroquia. A verdade é que a implicación da comunidade local está sendo o alicerce deste proxecto ilusionante. Xa podedes maxinar que temos unha manchea de anécdotas que daría para facer unha serie, que poderiamos titular: Doutor en Noalla.

A LANZADA REINTERPRETADA

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: