Saltar ao contido

Trinta e cinco anos agardando por esta charla

by o 2 Xullo 2010

Chichís e os comuneiros de Noalla, entusiasmados co proxecto, abríronnos as portas do local onde se fai o baile dos domingos, unha sala espectacular que dispón das últimas tecnoloxías, na Casa das Canteiras. No público, persoas que son memoria viva d’A Lanzada. No debate soubemos das relacións entre a comunidade local e os eruditos que dirixiron as intervencións dos anos 50 e 60, da percepción que teñen da Arqueoloxía os veciños de Noalla, xente que nunca foi ao Museo de Pontevedra a ver o que hai de Noalla alí, xente a quen nunca se lle contou de ti a ti o que se fixo no campo d’A Lanzada. Emocionante inicio do ciclo de charlas lanzadeiras. Levaba trinta e cinco anos agardando por esta charla, sentenciou un dos asistentes. En breve estará a vosa disposición o vídeo da charla no videoblog deste noso proxecto.

Para a semana, os comuneiros contratarán unha furgalla con outavoz para publicitar a seguinte charla (xoves, 8 de xullo, 20:30 horas) de Buenaventura Aparicio Casado: A Lanzada reinterpretada: tópicos e prexuízos sobre unha paisaxe mítica e lendaria.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: