Mapeando Noalla
En Arqueoloxía inventamos termos incorrectos. Así pois, coa xeralización da tecnoloxía GPS, cando procedemos a elaborar unha planimetría dun xacemento cun destes trebellos dicimos que imos mapear o sitio arqueolóxico. Co gallo de publicitar a charla de hoxe, levamos a cabo un mapeo simbólico da parroquia de Noalla. Seguindo as directrices da análise espacial, estudamos as vías de tránsito, os percorridos circulatorios, as condicións de visibilidade e visibilización, documentando os lugares centrais por onde escoa a información. Corenta sitios albergan dende onte o cartel da conferencia de Rafael Rodríguez: estratéxicas marquesinas, ateigadas cantinas, móbiles contedores de lixo, suxerentes chiringuitos de praia, o axis mundi da igrexa parroquial e da ermida, os exitosos locais sociais, a farmacia…
Os comentarios están pechados.