Saltar ao contido

O santo dos croquis

by o 30 Xuño 2010

O arqueólogo é un santo dos croquis, alguén obsesionado con poñer orde no caos, con acadar unha representación cartográfica moderna e cartesiana dos vestixios do pasado. Os diarios de campo de tódalas épocas reproducen debuxos a man alzada, e croquis con escala, mesmo cando xa contamos con tecnoloxías que empregan láser e 3D. En realidade, constitúe un vello rito gremial de apropiación do xacemento, de domesticación da área escavada. O vello encanto do espazo cuadriculado dunha escavación arqueolóxica.

E ti que vas ser de maior?

Arqueólogo, dixo el. Talvez. Lera un tratado e atraérao, máis que o propósito mesmo de atopar algo, o método. Era un traballo silencioso. Ese preámbulo de cuadricular un espazo e facer a escavación. Era un método que servía para todo tempo. Non só para as ruínas do pasado.

Manuel Rivas, Os libros arden mal

Croquis de Alfredo García Alén (anos 60)

Croquis de Francisco Fariña Busto (anos 70)

Croquis no diario de campo de Rafael Rodríguez Martínez (2010)

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: