En Cartelera
Malia que se adoita criticar aos arquitectos pola súa querencia a deixar o seu sello en intervencións artísticas sobre paraxes e edificios, os arqueólogos e xestores do Patrimonio tampouco nos quedamos atrás á hora de poñer en valor os sitios arqueolóxicos. Nas dúas últimas décadas unha medida clásica neste sentido vén sendo a obsesión pola sinaléctica. Se houber cartos europeos, todo o mundo sabía que ía vir a típica rehabilitación de muíños, a ruta de sendeirismo e carteis por aquí e acolá. Ningún castro sen o seu cartel. Estes paneis non só deron e seguen dando de comer a pequenas empresas de xestión cultural e deseño, senón que se converteron nun auténtico obxecto de estudo en si mesmo, analisado en congresos internacionais. Este non é o caso do cartel que vedes aquí do campo d’A Lanzada, erguido coas mellores intencións pola Mancomunidade de Noalla no seu día. O interesante é ver o deterioro in situ, nas últimas tres semanas, deste cartel. Ultimamente serve de cambiador para surfeiros despistados.
Os comentarios están pechados.