Charla lanzadeira
O proxecto arqueolóxico d’A Lanzada 2010 contempla a divulgación e difusión como chanzos básicos para o desenvolvemento dunha Arqueoloxía social. A nosa compañeira Martina González Veiga vén de organizar un ciclo de charlas abertas a todo o público que terán lugar na Casa das Canteiras (Noalla, s/n) cada xoves a partir do 1 de xullo. A primeira destas conferencias correrá a cargo do director do proxecto, o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Mª Rodríguez Martínez quen falará da recuperación patrimonial do Campo d’A Lanzada. Será ás 19:00 na Casa das Canteiras que vén sendo o local social dos comuneiros de Noalla, propietarios do Campo d’A Lanzada e entusiastas colaboradores deste proxecto.
Os comentarios están pechados.