Saltar ao contido

Algo pequeñito

by o 28 Xuño 2010

A nosa restauradora Yolanda Porto traballa en tempo real, como nos gusta n’A Lanzada 2010.  O antigo castro comeza a amosarnos a súa riqueza arqueolóxica, cun totum revolutum de obxectos de distintas cronoloxías e procedencias. Vén sendo algo así como aquelas bolsas-sorpresa que mercabamos na tendiña de diante do colexio cando eramos pequemos. Alí había un pouquiño de todo, como nos economatos ou as vellas tendas de ultramarinos. Estamos preparando un vídeo cun comentario en vivo sobre as peculiaridades dos obxectos incluídos no Top Ten. Temos de todo: unha moeda do Sexenio Revolucionario (1870), numismas romanos alto e baixoimperiais, terra sigillata, ánfora Haltern 70, o enmangue de óso decorado, un muíño xiratorio… todo vai chegando dende o Campo d’A Lanzada até o Laboratorio onde Yolanda rexistra, recupera, limpa e fotografía estas pequenas xoias procedentes doutros mundos e doutros tempos.

Fotografías de Yolanda Porto.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: