Huesitos
O enmague que vimos de atopar nas nosas escavacións ten curmáns atopados en intervencións precedentes. Grazas novamente ao bo facer de Antonio de la Peña Santos podedes ver aquí un peite de óso asoellado nas escavacións de 1977 e outros dous enmagues dos que non se sabe nada, unicamente que foron exhumados nas escavacións antigas d’A Lanzada. O peite ten toda unha serie de paralelos atlánticos mentres que a decoración dos dous de abaixo remite á típica decoración en dentes de lobo da cerámica do Ferro I nos castros das Rías Baixas.
Os comentarios están pechados.