Aberto por obras
Hai xente que nin traballa nin deixa traballar. Basta con ler a Larra, a Camba, a Fernández Flórez, a Torrente Ballester, a Pla para sabermos que esta é unha característica hispánica con solera. O noso proxecto está aberto a todas aquelas persoas que queiran aportar o seu grao de area, sexan profesionais ou afeccionados (ás veces non é doado diferenciar estas dúas categorías), que queiran traballar por A Lanzada. Contamos cun amplo equipo interdisciplinar grazas ao cal todos aprendemos de todos, para algo somos a brigada nº 6. O noso proxecto tamén está aberto por obras. Este lema é da autoría do equipo de Agustín Azkarate da Universidade do País Vasco-CSIC, encargado do estudo e posta en valor da catedral vella de Vitoria-Gasteiz. Temos aprendido moito deste grupo de investigación, da Arqueoloxía social que defenden e pratican.
Esta semana contamos coa colaboración de Carlos Pascual Vázquez, 40 anos de amor irredento á Arqueoloxía, membro do grupo García Alén. Todo un exemplo para moitos profesionais que predican sobre como debe ser a Arqueoloxía galega do século XXI.
Os comentarios están pechados.