Skip to content

Collemos a escavación polo mango

by o 21 Xuño 2010

Xa comezamos a escavar e comezamos a semana cun achado espectacular, destes que dan azos á brigada nº 6 na súa pescuda sobre o pasado. Velaquí tedes parte dun enmangue de óso dun posible puñal, perfectamente traballado e decorado. En varios castros galegos teñen aparecido obxectos en óso como peites e enmangues de navalla, normalmente feitos en hasta de cérvido, como o que atopamos no seu día no concheiro do foxo do Castro Grande de Neixón. A nosa restauradora Yolanda Porto está hoxe mesmo coa peza. Xa veredes o resultado neste blog.

Advertisements

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: