Archaeological second life
Falábame o outro día n’A Lanzada Manuel Gago das pantasmas domésticas galegas, coas súas diferenzas de clase e a súa peculiar forma de estar no mundo e no trasmundo. En Arqueoloxía pasa algo semellante. Uns nosos compañeiros, cando estiveron a escavar varios sitios na contorna de Ourense, sempre apelaban á pantasma de Cuevillas para explicárense feitos anómalos acontecidos durante a escavación. As pantasmas dos petrucios e sabios arqueólogos sempre chaman dúas veces, iso sábeo todo o mundo. Asoellando os muros d’A Lanzada sentimos a presenza desta Arqueoloxía mítica e mística. Nesta fotomontaxe, Antonio de la Peña foi quen de identificar o punto exacto onde foi retratado Blanco Freijeiro, nunha pose xa clásica na Arqueoloxía española. Quen non recorda a García-Bellido, vestido de explorador, apoiado nun muro dunha casa do castro de Coaña a comezos dos anos 40? Ou a foto mítica de Cuevillas e Risco, co traxe de rigor, enriba da muralla de San Cibrao de Lás?
Os comentarios están pechados.