A man alzada n’A Lanzada
Grazas novamente ao Museo de Pontevedra podemos divulgar os vellos papeis d’A Lanzada, coma este que vos amosamos hoxe. Un esbozo do xacemento d’A Lanzada elaborado en campo sobre unha cuartilla por Alfredo García Alén durante as antigas escavacións arqueolóxicas coridixidas por el. Loxicamente é un croquis feito a man alzada que presenta notables erros, xa que esta xente non contaba con niveis topográficos ou tecnoloxías que chegarían moito despois. En todo caso, é unha información moi valiosa nesta fase do noso traballo, cando tentamos poñer orde nos restos das intervencións precedentes. Estas vellas cuartillas remiten a unha Arqueoloxía case romántica, a praticada por eses eruditos con aire despistado que coma ratos de biblioteca e intrépidos reporteiros (si, esta mistura existe) garabateaban en pequenos anacos de papel, cuartillas, servilletas, en soportes do máis variopinto, no seu traballo de campo arqueolóxico e etnográfico. Un mestre nesta prática foi Fermín Bouza Brey, compañeiro de Filgueira Valverde no SEG e escavador xunto con Cuevillas do Castro Pequeno de Neixón.
Arquivo do Museo de Pontevedra.
Os comentarios están pechados.