Os defuntiños
Interésanos moito coñecer a percepción que a comunidade local ten das escavacións arqueolóxicas precedentes na Lanzada, como foron reinterpretadas pola memoria colectiva. Onte mesmo unha parella xa andada en anos pasou pola escavación de volta de levar o neto ao colexio:
Pois si que acordamos, pero non sei por que soterraron de novo todo isto, estas casas que sabe Dios de cando son? Eu era noviña pero recordo de ver un defuntiño, que tiña unha tella debaixo da cabesa e unha garrafiña ao lado, que era o que bebían daquela, foramos co cura ver esas cousas dos defuntiños de antes nese camposanto vello.
Fotografías: Arquivo do Museo de Pontevedra. Necrópole galaicorromana d’A Lanzada.
Os comentarios están pechados.