De novo, a Brigada nº 6
Alfredo González Ruibal, investigador do LAPA (CSIC), perfecto coñecedor d’A Lanzada e membro do comité científico do noso proxecto, ponnos sobre aviso acerca dunha curiosa coincidencia. Alfredo dirixiu as pioneiras escavacións arqueolóxicas na fronte de Madrid no inverno de 2008, sondeando unha trincheira na Universidade Complutense. Os republicanos que defenderon esa posición eran os da Brigada nº6, probablemente os primeiros en escavar trincheiras na zona durante a Batalla da Estrada de A Coruña. A mini-historia desta brigada irmá de escavadores tédela en http://www.sbhac.net/Republica/Fuerzas/EPR/GuiaU/BM006.htm
Como nos dixo Alfredo, esta coincidencia amosa que Marx tiña razón cando dicía que a historia sempre se repite, unha vez como traxedia e outra como farsa.
Fotografías das escavacións arqueolóxicas nas trincheiras da Universidade Complutense, tomadas de http://guerraenlauniversidad.blogspot.com
Os comentarios están pechados.