Valados
Vedes aquí unha panorámica cara ao Oeste do sector escavado a finais da década de 1970 polo equipo dirixido por Francisco Fariña Busto. A área está cinguida por uns postes de granito, semellantes aos que se empregan nos viñedos do Salnés. Hoxe rematamos a limpeza de todo o sector e, retirando a capa vexetal, exhumamos en pranta no curruncho SW, dous destes postes das escavacións de 1978 no castro d’A Lanzada. Os arqueólogos sempre chaman dúas veces.
Os comentarios están pechados.