Os sete erros
O arqueólogo Antonio de la Peña Santos, asesor científico d’A Lanzada 2010, volve poñer nas nosas mans material gráfico de incalculable valor para a brigada nº 6. Como no famoso xogo de entremento dos xornais, podemos buscar os sete erros entre as fotografías de 1978 (arriba) e as de 2010 (abaixo). Se vos fixades, aí está o mesmo bloque de pedra, malia que un pouquiño desprazado, dentro da estancia rectangular. Doutra volta, hoxe na escavación, grazas a esta fotografía, o equipo sabe que debe ir con coidado ao retirar a area e o recheo recente para exhumar en pranta a lareira que aparece na fotografía de 1978. Parafraseando o famoso tango, 38 anos non son nada… ou si?
Os comentarios están pechados.