Saltar ao contido

O cazador cazado

by o 16 Xuño 2010

Comentaba Manuel Rivas que o galego é un ser que cando mira un animal pregunta de primeiras se o bicho en cuestión se come ou non. Na brigada nº 6 contamos con cazadores pero que tamén coidan do medio ambiente e teñen o seu corazonciño. Xa vedes que escañando n’A Lanzada topamos cunha manchea de habitantes subterráneos. O bo do traballo interdisciplinar é que todos aprendemos de todos. A nosa compañeira Manuela Costa, xeomorfóloga, tivo a ben suxerir que incluisemos a categoría de Patrimonio natural no presente blog, e ten razón. Manuela codirixe un proxecto paralelo ao d’A Lanzada no que se vai estudar o impacto antrópico e natural sobre o Patrimonio arqueolóxico da liña de costa no contorno desta fermosa enseada. Hoxe mesmo comezan os traballos de campo, tendo como epicentro a escavación arqueolóxica. Iremos informando paseniñamente. Coméntanme por liña interna que os coellos aínda daban para unha empanada… hai que ser animal… e galego.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: