Saltar ao contido

A Lanzada 1978

by o 16 Xuño 2010

Se seguides o presente blog, xa sabedes que A Lanzada é un xacemento mítico da Arqueoloxía galega, pola xente sabia que pasou por alí dende a década de 1950, polo trasfondo simbólico do seu emprazamento, polo espesor histórico da súa ocupación e polo rexistro arqueolóxico asoellado. Estas tres fotografías serven para animar ao equipo arqueolóxico d’A Lanzada 2010; obxectos, fragmentos, excepcionais e interesantes. Un dos famosos peites de óso, unha peza de bronce cunha representación zoomorfa, máis propia doutras áreas como a Celtiberia, e unha senlleira cerámica decorada cun torques… Quen dá máis?.

Fotografías: Antonio de la Peña Santos.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: