Saltar ao contido

Fochanqueando

by o 15 Xuño 2010

O proceso de reescavación das intervencións antigas reconverte o xacemento d’A Lanzada nun auténtico campo de golf, nun campo de batalla ao xeito de Verdún, pero con verdín. As cuadrículas Wheeler esmorecidas semellan impactos de obús, verdadeiras trincheiras de guerra. Os arqueólogos tamén escarabellamos coma as toupas, somos outra caste de seres subterráneos ao xeito dos mouros. Hoxe topamos unha pelota de golf na escavación. Non é para menos.

From → Uncategorized

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: