Saltar ao contido

Trileros arqueolóxicos

by o 14 Xuño 2010

En Arqueoloxía todos sabemos que hai uns xacementos máis agradecidos ca outros, sitios nos que dende o primeiro día cumprimos as expectativas deses fetichistas camuflados de científicos que somos os arqueólogos e as arqueólogas. O desbroce, limpeza e e escavación da capa vexetal no castro d’A Lanzada comeza a fornecer materiais interesantes, adscribibles á época baixoimperial, tardorromana, aos séculos II-V d. C. en definitiva. Recollemos xa algúns anacos de cerámica romana Terra Sigillata Hispánica Tardía e un fragmento de bordo dun vidro romano. Durante a escavación temos unha caseta de obra cun expositor das pezas máis senlleiras que vaiamos atopando; por suposto, que poderes ver e apalpar con coidado esta parte da nosa historia.

From → Uncategorized

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: