Saltar ao contido

Mar e terra

by o 14 Xuño 2010

Os arqueólogos somos artesáns da terra. A textura, os cambios de coloración, a estratigrafía, a granulometría e un sinfín de propiedades edafolóxicas axudan na nosa interpretación da vida dun xacemento arqueolóxico. Cada escavación é unha escola de Arqueoloxía de campo grazas tamén á colaboración da comunidade local e dos compañeiros e compañeiras da brigada nº 6. Vedes nesta fotografía unha estrutura amarelenta que se define en pranta. A priori podería ser un pavimento, restos dunha estrutura de combustión ou mesmo un botado de xabre (granito meteorizado), todas hipóteses suxerentes que nos levan a considerar esa mancha coma unha estrutura arqueolóxica. Grazas a Historia oral e á Etnoarqueoloxía sabemos que esa é a impronta deixada por un botado de algas procedente da limpieza periódica das praias antes do comezo da temporada estival. A area e o sal, a descomposión da materia orgánica, deixan como resultado este tipo de improntas na terra, xenerando unha nova unidade estratigráfica de natureza antrópica.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: