Saltar ao contido

Cuadrícula de honra

by o 14 Xuño 2010

Isto xa comeza a parecer unha escavación arqueolóxica. A brigada nº 6 é imparable. Coa rapidez e o agarimo propios dos bos xardiñeiros, o equipo deixa á vista estruturas e sondaxes antigas. É tempo de marcar sobre o terreo as unidades de rexistro de 4 x 4 m, sustitutas daquelas cuadrículas Wheeler de 3 x 3 m con muros testigo dos anos 70. En grande medida a limpeza amosa o campo d’A Lanzada como se fose un campo de batalla afuracado por impactos de obuses. Os perfís das vellas sondaxes e cuadrículas foron esmorecendo pola erosión e diversos procesos postdeposicionais. Recuperaremos agora os perfís estratigráficos para rexistralos e a partir de aí uniformizaremos toda a área de escavación seguindo as unidades estratigráficas que vaian aparecendo.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: