Acendemos facho dende A Lanzada
En http://apedradoencanto.blogspot.com/ teñen falado do noso proxecto d’A Lanzada. Tamén propoñen unha curiosa iniciativa:
Na Lanzada, cando viñan os normandos ou outras naves inimigas entraban na ría cara o Ulla, acendían fogueira.
Dende a Vila Vella de San Tomé recibían as sinais e na Torre de San Sadurniño acendían fogueira.
Dende a desaparecida Torre da Illa de Arousa recibían as sinais e acendían fogueira.
Posiblemente dende a Torre de Cálogo recibían as sinais e acendían fogueira.
Dende a Torre de Miadelo ou Miradelos recibían sinais e acendían fogueira.
E así ate Catoira (Castellum Honesti) e ate á fortaleza da Rocha, nas aforas de Santiago.
Redes de comunicación, como os blogues.
Xa enviado o sinal dende A Torre do Meadelo, ben podíamos seguir acendendo fachos dende Arousa ate a A Rocha… e comunicarnos máis no mundo da arqueoloxía. Ou non?
Os comentarios están pechados.